Evento: De Mocedades a El Consorcio
De Mocedades a El Consorcio
Para falar de El Consorcio é inevitable lembrar Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertencían a ese grupo. Son a única formación hispana que vendeu máis dun millón de copias dun sinxelo cantado íntegramente en castelán.
El Consorcio, formado por Estíbaliz Uranga, Amaya Uranga, Iñaki Uranga e Carlos Zubiaga, é o grupo vocal por excelencia do noso país e os seus grandes éxitos permanecen hoxe en día. Tómame o déjame, El vendedor, La otra España, Qué pasará mañana, Secretaria, Quién te cantará, Desde que tú te has ido, Amor de hombre, Dónde estás corazón, Le llamaban loca… marcan a súa extensa e intensa traxectoria con máis de cinco décadas de historia da música española.
ERES TU, canción composta por Juan Carlos Calderón, foi un dos maiores éxitos da súa carreira. Con Mocedades, con esta canción obtiveron o segundo posto en Eurovisión en 1973.
As súas magníficas voces, cunha calidade e un empaste sen igual, leváronos a conquistar un Grammy Latino en 2016.
Neste novo tour, poderemos escoitar os temas máis importantes das súas carreiras, abrangando o mellor de MOCEDADES a EL CONSORCIO.
Máis eventos de tipo Concerto



