Evento: De Mocedades a El Consorcio

De Mocedades a El Consorcio
venres, 13 febreiro, 2026 - 20:30
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro,
Santiago de Compostela

De Mocedades a El Consorcio

Para falar de El Consorcio é inevitable lembrar Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertencían a ese grupo. Son a única formación hispana que vendeu máis dun millón de copias dun sinxelo cantado íntegra...

Para falar de El Consorcio é inevitable lembrar Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertencían a ese grupo. Son a única formación hispana que vendeu máis dun millón de copias dun sinxelo cantado íntegramente en castelán.
El Consorcio, formado por Estíbaliz Uranga, Amaya Uranga, Iñaki Uranga e Carlos Zubiaga, é o grupo vocal por excelencia do noso país e os seus grandes éxitos permanecen hoxe en día. Tómame o déjame, El vendedor, La otra España, Qué pasará mañana, Secretaria, Quién te cantará, Desde que tú te has ido, Amor de hombre, Dónde estás corazón, Le llamaban loca… marcan a súa extensa e intensa traxectoria con máis de cinco décadas de historia da música española.
ERES TU, canción composta por Juan Carlos Calderón, foi un dos maiores éxitos da súa carreira. Con Mocedades, con esta canción obtiveron o segundo posto en Eurovisión en 1973.
As súas magníficas voces, cunha calidade e un empaste sen igual, leváronos a conquistar un Grammy Latino en 2016.
Neste novo tour, poderemos escoitar os temas máis importantes das súas carreiras, abrangando o mellor de MOCEDADES a EL CONSORCIO.
 
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A Gramola Gominola. Especial Nadal
27 de decembro
Teatro Principal
A Gramola Gominola. Especial Nadal
27 de decembro
Auditorio Municipal
ABBA. Revolution Tour
27 de decembro
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro