Evento: "Un libro, una hora" arredor da obra "Piel de cordero" de Ledicia Costas

"Un libro, una hora" arredor da obra "Piel de cordero" de Ledicia Costas
mércores, 12 novembro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

"Un libro, una hora" arredor da obra "Piel de cordero" de Ledicia Costas

A cargo da Cadena Ser

Cedemos o espazo á Cadena Ser para a gravación do programa “Un libro, una hora” no noso salón de actos.

Antonio Martínez Asensio e Ledicia Costas convídante a vivir “Piel de cordero” en directo: literatura, teatro e coloquio en 60 minutos. Acompáñanos neste selecto club no que desfrutaremos ademais das interpretacións do actor Eugenio Barona e da actriz Melania Cruz. Unha oportunidade única para mergullarte na túa literatura favorita.

Antonio Martínez Asensio reúne ás máis destacadas e destacados novelistas para que vivas a literatura como nunca. Da man dos seus autores e autoras, súmate a esta mesa redonda na que leremos e interpretaremos os clásicos máis importantes do noso tempo, arraigados á túa terra e nun espectáculo enriquecido coas mellores interpretacións e coa oportunidade de plantexar as túas inquietudes nun coloquio aberto. Unha novela en directo, en 60 minutos, nunha biblioteca e, coma sempre, da man das e dos mellores.

Toda a información e a inscrición a través da seguinte ligazón: https://www.eventbrite.es/e/entradas-un-libro-una-hora-santiago-de-compostela-1905959368779?aff=oddtdtcreator

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal
Coloquio Galego de Museos Locais
14 de novembro a 15 de novembro
Museo do Pobo Galego
Toponimízate 2025
14 de novembro
Centro sociocultural