Evento: Pezqueñín, el pequeño aventurero

Pezqueñín, el pequeño aventurero
sábado, 8 novembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Pezqueñín, el pequeño aventurero

VV.AA., 2017-2024

Versión castelán. Recomendado a partir de 8 anos.

Programa formado por seis curtametraxes que teñen como escenario o fondo mariño.

 

Pezqueñín (Tiddler), Andy Martin, Alex Bain, Reino Unido, 2024, 24 min. Pezqueñín é un peixe moi pequeniño cunha gran imaxinación. Conta historias tan incribles que nin sequera as súas amizades da escola o cren. Pero un día, Pezqueñín consegue demostrar que a súa imaxinación pode ser un don marabilloso que incluso pode chegar a salvar vidas. Baseado no libro Tiddler the Story-Telling Fish, escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler, os creadores de O Grúfalo, entre moitas outras historias.

El barquito que quería volar, Ekaterina Filippova, Rusia, 2020, 7 min. Nunha fábrica xunto ao mar nacen barquiños e avións, e unha vez na gardaría, ensínanlles cales son as súas funcións. Pero un deles négase a aprender a ser un bo barco, porque o que en realidade desexa é voar.

Caparazón, varios autores, Francia, 2022, 6 min, sen diálogos. Nunha pequena cala francesa, Bernard, un cangrexo ermitán, perde a súa cuncha. Coa axuda do seu peculiar amigo Maurice, deberá enfrontarse aos perigos da praia para atopar unha nova coiraza.

¡Qué pez más extraño!, Krishna Chandran, Francia, 2017, 6 min. No medio do océano, un grupo de peixes xúntase para rescatar un peixe que flota na superficie. Deciden facer todo o posible para axudalo a volver á auga, sen saber que en realidade non é exactamente un peixe…

Tinta, Joost Van Den Bosch, Erik Verkerk, Países Baixos, 2020, 2 min., sen diálogos. Un polbo, fanático da orde e da limpeza, ponse nervioso cando o limpador do acuario deixa ben brillante a súa peixeira…

O estanque, Lena von Döhren, Suíza, 2023, 8 min., sen diálogos. Un banco de peixes nada de maneira perfectamente sincronizada no mar. Mais, de súpeto, aparecen as molestas gaivotas que alteran a formación e provocan que un peixiño se afaste do grupo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El caballo de Turín
27 de febreiro
Filmoteca de Galicia
The Shiinomi School
28 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Anatomía dunha serea
9 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra