Evento: Trío Zukan · Ura
Trío Zukan · Ura
martes, 3 febreiro, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela Trío Zukan · Ura
O *Trío Zukan* —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao
ciclo Contemporáneas unha das súas propostas máis persoais.
O Trío Zukan —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao ciclo Contemporáneas unha das súas propostas máis persoais.
URa (auga, en éuscaro) recolle pezas de Abel Paúl, Bertrand Chavarría-Aldrete, Juan José Eslava e Zuriñe F. Gerenabarrena, que reflexionan sobre o uso, o abuso e a beleza da auga como recurso e como símbolo.
O concerto combina sonoridades acústicas e electrónicas, voces, pedras e elementos naturais, transformando o escenario nunha paisaxe en movemento. As obras crean un fluxo sonoro que se expande e se disolve, como un río que avanza sen retorno, entre a forza e a vulnerabilidade.
Máis eventos de tipo Concerto