Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 27 outubro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na provincia de Ourense

No mes de outubro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión haberá unha charla sobre "Arqueoloxía experimental: os vasos cilíndricos de San Cibrao de Las", e a presentación do documental “A madeira no espello da cerámica". Na charla contarase coa presenza de: Tito Ledo Roca (artesán da madeira), Pepa Rey (profesora de Prehistoria da USC), María Martín Seijo (científica titular no Instituto de Ciencias do Patrimonio, INCIPIT, CSIC) e Pilar Abades (da produtora Illa Bufarda). 

O  documental “A madeira no espello da cerámica” xorde a partir do diálogo establecido entre a cerámica e a madeira a partir do estudo dos vasos cerámicos tipo San Cibrao de Las, singulares dentro da produción oleira da Idade do Ferro no Noroeste peninsular.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
17 de outubro
Casa do Concello
Xornadas sobre Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña
Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
23 de outubro a 24 de outubro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
24 de outubro
Centro sociocultural do Castro