Evento: Esfínter 5

Esfínter 5
venres, 26 decembro, 2025 - 21:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Esfínter 5

*Esfínter 5* é o esperado regreso de Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas aos escenarios galegos. Un espectáculo de 90 minutos de comedia en galego que combina humor, amizade e tradicións do Nadal, converti...

Volve o Nadal, volve ESFÍNTER: un espectáculo para pechar o ano! Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas anuncian o seu esperado regreso aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 5, o reencontro de amigos que xa se converteu nunha das tradicións máis esperadas do Nadal galego, á altura da chegada do Apalpador, a Noiteboa ou o acendido das luces de Vigo. E non o dicimos só nós, así o confirman as miles de persoas que ano tras ano se reúnen cos nosos protagonistas nos teatros galegos para celebrar estas datas tan especiais.
Como dixo Mariah Carey, All I want for Christmas is ESFÍNTER 5. O mellor espectáculo ao que podes asistir cos teus máis achegados e, como os nosos protagonistas, ter unha excusa para cear xuntos nestas datas sinaladas! 90 minutos de puro humor de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que regresan como o turrón para reunirse co público galego.
¿Vémonos en decembro? Como cada ano, repetímolo: mentres o público queira, seguiremos disfrutando destas festas tan especiais na compañía de Javi, David e Rober!
FICHA TÉCNICA TEXTO E INTERPRETACIÓN: Javier Veiga, Rober Bodegas, David Amor PRODUCIÓN: Etiqueta Negra XÉNERO: Comedia DURACIÓN: 90 min. IDIOMA: Galego
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal