Evento: Descubramos a biblioteca
Descubramos a biblioteca
Dende a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola queremos invitarvos a participar no noso programa de Visitas Escolares para o curso 2025-2026, deseñado específicamente para estimular o interese pola lectura, o coñecemento e o uso responsable da biblioteca no alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.
Queremos presentar a biblioteca como un espazo vital para o desenvolvemento educativo e social. Por iso, preparamos actividades dinámicas e adaptadas a cada etapa, centradas no xogo, a imaxinación e o descubrimento.
As actividades realizaránse os mércores de novembro a maio en dúas sesións ao día, de 10:00 a 11:00h e de 11:00 a 12:00h.
O prazo de inscripción comeza o martes 14 de outubro. Poden reservar a súa visita chamando ao teléfono 886159249 en horario de 9:00 a 14:00h.
Máis eventos de tipo Outras actividades