Evento: Explorania

Explorania
venres, 7 novembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Explorania

Explorando mundos máxicos

Crearemos unha escola de auténticas/os exploradoras/es  que deberán superar unha serie de obstáculos para sobrevivir a unha aventura na xungla. Que facer para soportar a calor máis abrasadora e o frío máis intenso? Como enfrontarnos aos animais perigosos? ... etc

Aprenderemos unha chea de trucos para sobrevivir nas situacións máis adversas.Tamén coñeceremos a historia das/os exploradoras/es máis destacadas/os, as cidades perdidas, tribos estrañas, civilizacións desaparecidas…

Explorania será unha aventura inesquecible!

Data e hora: venres, 7 de novembro ás 18:00

Público destinatario: infantil, de 5 a 10 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do xoves 30 de outubro ás 9:00.

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Caras e lugares
14 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de cómic
14 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés