Evento: Obradoiro de letras capitulares

Obradoiro de letras capitulares
martes, 14 outubro, 2025 a mércores, 15 outubro, 2025
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Obradoiro de letras capitulares

A cargo de Ana Álvarez Veira

Tras unha breve introdución sobre o concepto de Letra Capitular e a súa historia, cada participante escollerá unha letra -a súa inicial- e realizará un marcapáxinas con ela.

2 sesións: martes 14 e mércores 15 de outubro de 18:00 a 19:30 h

A partir de 16 anos

20 prazas

Inscrición previa a partir do 7 de outubro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas

As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 14
14 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
A física da luz
17 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 21
21 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo
23 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola