Evento: O Museo e o Manga

O Museo e o Manga
sábado, 18 outubro, 2025 - 11:30
Museo de Belas Artes,
A Coruña

O Museo e o Manga

Obradoiro de manga

Ao longo de 4 sesións, Marta del Pozo Vilá achegará os participantes á historia do manga e impartirá formación en exercicios dinámicos, teoría anatómica, teoría da cor, escritura do nome en xaponés e creación dun cómic-puzzle relacionado co museo.

Destinatarios: público de 10 a 16 anos

Grupo dos Venres: 26 setembro, 3, 10 e 17 de outubro de 2025, de 18:00 a 20:00 horas.

Grupo dos Sábados: 27 de setembro, 4, 11 e 18 de outubro de 2025, de 11:30 a 13:30 horas.

Inscrición:

O obradoiro ten unha duración de 4 sesións, en horario de venres ou sábado.

A actividade é de balde previa inscrición, indicando a quenda elixida.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, que estará dispoñible desde o martes 16 de setembro ás 10:00 horas. 

O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 

No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.

Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.

Outras datas

Máis eventos de tipo Obradoiro

“Estudar é + doado se sabes COMO” (2ª Sesión)
3 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
A biblioteca ideal
3 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
4 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Intelixencia Artificial
6 de outubro a 7 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola