Evento: Sombras de Sargadelos.
Sombras de Sargadelos.
Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.
No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e as súas familias a un escenario de luces e sombras.
Este obradoiro familiar adentrase no fascinante mundo do teatro de sombras a través da imaxinación, da cerámica e a identidade cultural galega. Inspirándose nas formas, símbolos e motivos tradicionais da cerámica de Sargadelos crearanse personaxes, paisaxes e obxectos que cobrarán vida na pantalla iluminada.
Cada familia construirá o seu propio mini teatro e as súas figuras, combinando cartón, papel, luz e creatividade. Xogarase coa luz e a sombras para contar historias únicas onde as siluetas se transforman en arte en movemento.
Unha experiencia creativa, sensorial e colectiva que conecta tradición e expresión contemporánea dende a miradas das nenas e nenos.
Para este obradoiro empregarase o teléfono móvil da persoa adulta acompañante.
Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
Datas de inscrición: Sombras de Sargadelos
Sábado 15 de novembro: inscrición desde o luns 10 de novembro ás 10:00 horas.
Sábado 22 de novembro: inscrición desde o luns 17 de novembro ás 10:00 horas.
Sábado 29 de novembro: inscrición desde o luns 24 de novembro ás 10:00 horas.
Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.