Evento: Laboratorio do Retrato Imaxinado

Laboratorio do Retrato Imaxinado
sábado, 25 outubro, 2025 - 18:00
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Laboratorio do Retrato Imaxinado

Obradoiros en familia: tras as pegadas de Isaac Díaz Pardo

Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.

No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e as súas familias a explorar o rostro humano dende unha mirada artística e simbólica.
Inspirándose no estilo característico co que Díaz Pardo representaba a figura humana, realizarase un autorretrato moi especial: partindo do debuxo e da observación, crear unha imaxe persoal que logo trasladarase ao cartón empregando a técnica do pre cut, dando forma a unha peza única que mestura expresión e materia.
Unha proposta creativa, onde as familias poderán experimentar coa arte do retrato desde unha perspectiva contemporánea, lúdica e profundamente conectada coa obra do artista.

Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.

Datas de inscrición: Laboratorio do Retrato Imaxinado

Sábado 18 de outubro: inscrición desde o luns 13 de outubro ás 10:00 horas.

Sábado 25 de outubro: inscrición desde o luns 20 de outubro ás 10:00 horas.

Sábado 8 de novembro: inscrición desde o luns 3 de novembro ás 10:00 horas.

Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.

Outras datas

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola