Evento: Laboratorio do Retrato Imaxinado
Laboratorio do Retrato Imaxinado
Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.
No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e as súas familias a explorar o rostro humano dende unha mirada artística e simbólica.
Inspirándose no estilo característico co que Díaz Pardo representaba a figura humana, realizarase un autorretrato moi especial: partindo do debuxo e da observación, crear unha imaxe persoal que logo trasladarase ao cartón empregando a técnica do pre cut, dando forma a unha peza única que mestura expresión e materia.
Unha proposta creativa, onde as familias poderán experimentar coa arte do retrato desde unha perspectiva contemporánea, lúdica e profundamente conectada coa obra do artista.
Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
Datas de inscrición: Laboratorio do Retrato Imaxinado
Sábado 18 de outubro: inscrición desde o luns 13 de outubro ás 10:00 horas.
Sábado 25 de outubro: inscrición desde o luns 20 de outubro ás 10:00 horas.
Sábado 8 de novembro: inscrición desde o luns 3 de novembro ás 10:00 horas.
Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.