Evento: Flow

Flow
sábado, 13 decembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Gints Zilbalodis, 2024

Un gato atópase nun mundo cuberto pola auga, sen aparente rastro humano. Na procura dun refuxio, únese a un barco con animais doutras especies. Convivir con eles resulta ser un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Ao longo desta aventura, terán que demostrar a súa valentía e superar as súas diferenzas para adaptarse á nova situación.

Flow, un mundo que salvar é a nova película do letón Gints Zilbalodis, gañadora do Óscar e do Globo de Ouro ao mellor filme de animación e recoñecida en festivais como Cannes e Annecy. Sen diálogos e con imaxes de gran beleza creadas en 3D con software libre, narra a viaxe dun gato que, tras unha inundación, debe aprender a convivir con outras especies nunha precaria Arca de Noé. Cun universo fantástico e onírico, explora con delicadeza temas como a soidade, a solidariedade, a tolerancia, a amizade e a superación persoal ofrecendo varios niveis de lectura.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Children of the Beehive
26 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Mr. Shosuke Ohara
26 de febreiro
Filmoteca de Galicia
El caballo de Turín
27 de febreiro
Filmoteca de Galicia
The Shiinomi School
28 de febreiro
Filmoteca de Galicia