Evento: O loito branco: escribir a morte dos bebés
O loito branco: escribir a morte dos bebés
Cedemos o espazo á asociación Bolboretas no ceo que organiza O loito branco: escribir a morte dos bebés, actividade de visibilización da morte xestacional, perinatal e neonatal no mes de concienciación sobre este dó esquecido mediante a lectura pola súa autora, María Besteiros, do álbum ilustrado Penélope tece e elaboración de lembranzas.
Bolboretas no ceo é unha asociación de ámbito galego de apoio ao dó xestacional e neonatal, é dicir, ofrece axuda a nais e familias de bebés que faleceron durante a xestación, o parto ou os primeiros días de vida. A axuda é tanto emocional como informativa. Ademais, promoven actividades de visibilización e intervención para intentar mellorar a atención ás familias.
No salón de actos. Dirixido a público adulto. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.