Evento: Llar

Llar
domingo, 30 novembro, 2025 - 18:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Llar

/Llar/ (“fogar” en valenciano) é un encontro entre a arquitectura e as artes circenses coa madeira como protagonista. É a procura dun refuxio, unha morada, unha choza: o espazo onde un habita e sente seguridade...

Federico Menini – Llar
Llar (“fogar” en valenciano) é un encontro entre a arquitectura e as artes circenses coa madeira como protagonista. É a procura dun refuxio, unha morada, unha choza: o espazo onde un habita e sente seguridade e calma.
O malabarista constrúe mediante equilibrios de elementos de madeira, buscando a súa estabilidade e creando así unha linguaxe propia chea de sorpresas. A través de diversas técnicas circenses, o espectáculo convídanos a reflexionar sobre as nosas raíces e os lugares que habitamos.
Trátase dun espectáculo orixinal, único e innovador, froito dun longo proceso de investigación e experimentación inspirado en diferentes disciplinas artísticas. Humor, ritmo, orixinalidade e unha depurada técnica de malabares combínanse nesta proposta para todos os públicos.
Llar foi recoñecido cos Premios IVC 2024 ás Artes Escénicas Valencianas, acadando o galardón a Mellor Espectáculo de Circo e a Mellor Artista de Circo.
Idade recomendada: a partir de 4 anos · Duración: 60 min · Lingua: sen texto
 
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancelado
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
6 de febreiro
Teatro Lauro Olmo
tÁ
7 de febreiro
Teatro Pastor Díaz
tÁ
8 de febreiro
Pazo da Cultura