Evento: Patrick Watson
Patrick Watson
O prestixioso artista canadense, acompañado da súa espectacular banda, estará o 17 de xaneiro en Santiago de Compostela no que será o concerto de peche da programación da 8ª edición do Festival Underfest Xacobeo e o primeiro que realiza o festival fóra da súa sede en Vigo.
Patrick Watson conta con máis de 8 millóns de oíntes mensuais e cancións virais como “Je te laisserai des mots” (a primeira canción en francés en acadar 1 billón de reproducións en Spotify), o seu memorable dúo con The Cinematic Orchestra en “To Build a Home” ou un himno ao piano como “Ode to Vivian”.
Un dos shows máis especiais da tempada, un artista incrible, cun talento e unha voz que atrapan en cada unha das súas composicións.
Máis eventos de tipo Concerto