Evento: XX Xornadas Mar por Medio

XX Xornadas Mar por Medio
venres, 19 setembro, 2025 a domingo, 21 setembro, 2025
Casa do Concello de Ribadeo. Salón dos Alcaldes.,
Ribadeo

XX Xornadas Mar por Medio

Ribadeo, encontro de Camiños.

A Secretaria Xeral da Lingua colabora coa Academia Xacobea e mais co Concello de Ribadeo na vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, que acollerá a vila mariñá dos días 19 a 21 de setembro de 2025. Baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”, a cita reunirá a persoas expertas e público arredor do Camiño de Santiago e dos valores culturais que o acompañan, con mesas redondas, conferencias, actividades culturais e un roteiro guiado.

A programación desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo, baixo inscrición previa, e incluirá tamén concertos e actividades abertas á cidadanía. O programa completo pódese descargar aquí.

Descargas

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Coloquio Galego de Museos Locais
14 de novembro a 15 de novembro
Museo do Pobo Galego
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
Presentación de Sentinelas no limiar das tebras na FNAC da Coruña
Sentinelas no limiar das tebras
15 de novembro
Fnac da Coruña (Praza de Lugo, s/n)