Evento: Mala vida e pior morte de Ricardo III

Mala vida e pior morte de Ricardo III
sábado, 8 novembro, 2025 - 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela,
Cangas

Mala vida e pior morte de Ricardo III

Espectáculo teatral a cargo de Evaristo Calvo

“Mala vida e pior morte do rei Ricardo III, mais non a glosada polo aclamado poeta William Shakespeare” é un  espectáculo unipersoal con Evaristo Calvo no que a través dun monólogo dirixido á audiencia o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”.
 

Non se trata pois da personaxe protagónica deste coñecido drama, senon dun outro recreado polo seu intérprete que parece querer facer xustiza á súa memoria, descubrindo a manipulación do público a través dun discurso que, rañando un pouco nel, toma maneiras de propaganda. A maldade psicopática do retrato que o dramaturgo pinta sobre a persoa do derradeiro rei da dinastía Plantagenet, parécelle ao protagonista un compendio de inxurias. Vemos a un Ricardo doído pola manipulación da súa historia por parte de tan senlleiro dramaturgo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os dous de sempre. O regreso
11 de decembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Frida
12 de decembro, 10:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Frida
12 de decembro, 12:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Marcho que teño que marchar
12 de decembro, 21:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña