Evento: La boca abierta

La boca abierta
venres, 19 setembro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

La boca abierta

Maurice Pialat, 1974

A agonia dunha muller de cincuenta anos, Monique, gravemente enferma de cancro e a influencia deste feito na vida da súa contorna inmediata, o marido e os fillos. Como comenta o escritor cinematográfico Gonzalo de Lucas a obsesión de Pialat por respectar a realidade das cousas remíteo a unha pureza insólita, que enlaza coa orixe do cine mesmo, as vistas Lumière como captura en bruto do real. Intensa e chea de violencia soterrada, tenra e abrupta, estamos ante unha película chea de conversas íntimas, reveladoras, de frustracións, traumas e desarranxos. Como sinalou parte da crítica máis aguda, unha maxistral lectura escura de Ordet de Dreyer onde o núcleo compositivo visual remite ao cadro pictórico.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Maroun regresa a Beirut
13 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Tres amigas
14 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Beirut, Oh Beirut
14 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
La historia de Souleymane
15 de xaneiro
Filmoteca de Galicia