Evento: Que medo!

Que medo!
xoves, 30 outubro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Que medo!

Contacontos a cargo de Ramiro Neira

O Samaín en Galicia é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Defuntos e co magosto. Está baseada na tradición de tallar cabazas o Día de Defuntos que eran deixadas nos camiños para asustar aos viandantes.

Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear por se as ánimas dos defuntos acudían de visita durante a noite. Ademais, deixábase o lume aceso para que non pasasen frío… E arredor dese lume contábanse historias de medo… Queres escoitalas?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés