Evento: Concerto de Pava dúo

Concerto de Pava dúo
xoves, 23 outubro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Concerto de Pava dúo

A cargo de Lucía Aldao e Pablo Silva

Concerto do Dúo Pava con Lucía Aldao e Pablo Silva na súa versión máis íntima e acústica. PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico. Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor dos traballos de PAVA, unha das propostas máis orixinais e contundentes do pop galego actual.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5