Evento: Encontro coa autora Bea Lema e obradoiro de bordado
Encontro coa autora Bea Lema e obradoiro de bordado
Encontro coa autora no que conversaremos sobre as temáticas do libro, ao mesmo tempo que usamos as mans para bordar. Facilitaremos material de costura, pero tamén podes traer a túa propia labor. Igualmente, podes vir unicamente a escoitar ou a aprender a facer as túas primeira puntadas. A idea é pasar unha tarde agradable ao redor da lectura e o tecido.
Bea Lema é ilustradora e autora de cómic. Emprega o bordado e o tecido como soporte para trasladar as súas imaxes. En 2018 obtivo o XII Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra “O Corpo de Cristo” a súa primeira novela gráfica, un proxecto autobiográfico que trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha nena. En 2022 foi becada para realizar a residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs de Angoulême (Francia), unha iniciativa froito da sinerxia entre Acción Cultural Española, El Institut Français e a propia Maisons des Auteurs de Angoulême. O libro no que traballou, e que está baseado naquel primeiro cómic, foi publicado en Francia pola editorial Sarbacane baixo o título Des maux àdire e en España por Astiberri co título El Cuerpo de Cristo, e conseguiu o Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024. No ano 2024 traballaba na adaptación deste libro a curtametraxe de animación e foi Premio Nacional de Banda Deseñada por "El Cuerpo de Cristo".
No salón de actos. Para 25 participantes de 16 a 99 anos. Non é necesario ter coñecementos previos. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.
Máis eventos do ciclo Día das escritoras
