Evento: Casa, casiña, casona

Casa, casiña, casona
sábado, 11 outubro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Casa, casiña, casona

Contacontos para bebés a cargo de Marta Ortiz

Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona? Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo...Tamén imos coñecer aos seus habitates: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas...A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia. E está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cadaquén ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.
Un espectáculo para a primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 0 a 3 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Biblioteatro (7-10 anos)
4 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola