Evento: Os tesouros do galeón afundido

Os tesouros do galeón afundido
sábado, 26 xullo, 2025 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Os tesouros do galeón afundido

Unha achega á arqueoloxía subacuática

Dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 9 anos. Trátase dun obradoiro desenvolvido dentro da iniciativa de educación sobre o patrimonio cultural subacuático que leva a cabo o Museo.

Proponse unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos restos e formulación de hipóteses.

O obxectivo deste obradoiro é sensibilizar xa á xente máis nova sobre o valor cultural do patrimonio arqueolóxico somerxido.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto. 

Máis información na páxina web do museo: https://museomasso.xunta.gal/gl

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros Mes da Cienccia
5 de novembro a 26 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de encadernación xaponesa
11 de novembro a 13 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cartel Obradoiro de comprensión lectora
Xogando coas letras - mércores 12
12 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Vacabots: creación de robots sustentables
13 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal