Evento: O Nautilus de Lugrís

O Nautilus de Lugrís
xoves, 24 xullo, 2025 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

O Nautilus de Lugrís

Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro de verán para participantes a partir de 8 anos de idade e menores acompañados.

Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.
Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Máis información na páxina web do museo: https://museomasso.xunta.gal/gl

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Actividades de verán Museo Massó
Obradoiros infantís
10 de xullo a 26 de xullo
Museo Massó
campamento_castrexo
Campamento castrexo
14 de xullo a 24 de xullo
Museo do Castro de Viladonga