Evento: Lingoreteira
Lingoreteira
Lingoreteira
Espectáculo de teatro a cargo de Xarope Tulú
Esa é unha lingoreteira- dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en nós, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

21 de agosto, 19:00
Xardíns da Praza de D. Ramón - Lalín - Pontevedra

21 de agosto, 20:30
Casa da Cultura - Boiro - A Coruña

22 de agosto, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña