Evento: Castelao, un corazón á intemperie

Castelao, un corazón á intemperie
xoves, 21 agosto, 2025 - 19:00
Xardíns da Praza de D. Ramón,
Lalín

Castelao, un corazón á intemperie

Espectáculo de teatro a cargo de Fantoches Baj

Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre as nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.

Varela Buxán fora o encargado de dirixir “Os vellos non deben de namorarse” na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará  brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con marionetas parte da súa obra: contos de ‘Cousas’ (“Panchito” e a “Marquesiña”); narracións de ‘Retrincos’ (“Sabela” e “O inglés”), escenas de “Os vellos non deben namorarse” e o monólogo do esqueleto en “Un ollo de vidro”.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Onde viven os monstros
5 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Novas tolemaxias
5 de agosto, 19:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense
THE KROWD - Trío
5 de agosto, 20:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense
Gran cuarteto da Familia Bocaprier
5 de agosto, 20:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense