Evento: Frida

Frida
venres, 22 agosto, 2025 - 12:00
CPI Pío Cabanillas,
Dozón
Espectáculo de teatro a cargo de A Cova das letras

FRIDA é unha peza dirixida ao público familiar onde a través do corpo en movemento, títeres e obxectos poñemos en valor o poder transformador da arte. Reconstruímos cadros vivintes a través da danza e movemento de obxectos, onde a música xoga un papel fundamental. Trátase dun espectáculo poético, colorido e con moita, moita vida. Anxo García é o encargado de deseñar os títeres e seleccionar os obxectos que aparecen na obra. Frida era unha gran contadora de historias e botaba man dun pequeno teatriño de títeres para representalas. Contaremos con títeres tradicionais e con obxectos. Olga Cameselle é a encargada de coreografar as danzas e movementos que nos levan á recreación dos cadros. A música está a cargo do compositor Manuel Paino.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Experiencias en familia
11 de agosto, 20:30
Rúas da vila - Boiro - A Coruña
A Roda – Xira 2025
11 de agosto, 22:30
Praza de España - Monforte de Lemos - Lugo
Peque Disco Moc Moc
12 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Os contos de Pablísimo
12 de agosto, 12:00
Praia Xardín - Boiro - A Coruña