Evento: Brincadeiras da lingua
Brincadeiras da lingua
Brincadeiras da lingua
Espectáculo de teatro a cargo de Migallas Teatro
“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo de teatro, narración e cancións que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura oral e do cancioneiro popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
16 de xuño, 10:15
Escola Infantil - Ribadumia - Pontevedra
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
17 de xuño, 18:00
Casa da cultura - Ribadumia - Pontevedra
18 de xuño, 12:00
Praza San Miguel de Reinante - Barreiros - Lugo