Evento: Punto en boca: Entre fíos anda o lío
Punto en boca: Entre fíos anda o lío
Este espectáculo é o primeiro resultado do proxecto Punto en boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade, que durante os meses de febreiro e marzo desenvolveu unha decena de actividades e obradoiros arredor do mundo da costura no concello de Culleredo.
Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, utilizando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións. Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña discreta, incansable, tecedeira de silencios.
Creación e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo
Música: Xosé Lois Romero
Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo. Poderá verse nunha trintena de concellos galegos durante a xira que desenvolverá ata finais de agosto.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Pazos de Borbén
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Baños de Molgas
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Centro de Interpretación das Minas de San Fins