Evento: Concerto

Concerto
venres, 25 xullo, 2025 - 21:00
Auditorio do Grove,
O Grove
Espectáculo de música a cargo de Lulavai

Lulavai interpreta sobre os escenarios unha serie de temas con orixe na música tradicional galega, e outros de caracter máis persoal,  con inspiración noutras múscicas do mundo, e noutros estilo músicáis. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.

No concerto sucédense os cambios de instrumentos, as posicións no escenario mudan,  producíndose diferentes estéticas, visuáis e sonoras,  que entreteñen ó público e o sorprenden.

As cancións van dende temas  tranquilos, para escoitar cos ollos pechados, ata os máis rítmicos ao máis puro estilo tradicional.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Catuxa Salom
14 de novembro
Teatro Jofre
Concerto solidario polo Dano cerebral
15 de novembro
CIFP Politécnico de Santiago