Evento: Estrafalaria

Estrafalaria
venres, 19 setembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Estrafalaria

Espectáculo de narración oral e títeres

Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente do relato. Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. Unha proposta para entender que a diversidade é enriquecedora e imprescindible para vivir nun mundo onde predomine a tolerancia, a solidariedade e a convivencia. Un mundo no que as mulleres poidamosr ser nós mesmas a cada momento.
Alicia collera por costume escorregar por calqueira buraco sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que sexa. Carlota escolle o seu camiño e embárcase en aventuras emocionantes que nada teñen que ver coas das princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo. Apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Data e hora: venres 19 de setembro ás 18.00 h

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos

Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés