Evento: Vicki e a Felicidade

Vicki e a Felicidade
xoves, 24 xullo, 2025 - 20:00
Campo de San Francisco,
Ribadeo

Vicki e a Felicidade

Espectáculo de teatro a cargo de Bandullo Azul

Unha peza que nace con moito talento: Marcos Orsi na dirección, Xoque Carbajal na produción Diego Valeiras no vestiario, Culturactiva na distribución e o bo facer de Bandullo Azul.
Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos coidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés