Evento: (EN)FOCO #2: Philip Glass

(EN)FOCO #2: Philip Glass
venres, 13 febreiro, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

(EN)FOCO #2: Philip Glass

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Novo/a director/a asistente da RFGKebyart, cuarteto de saxofóns

  • Philip Glass: Company. 
  • Philip Glass: Concerto Grosso. Estrea en España
  • Philip Glass: Concerto para cuarteto de saxofóns

VEN 13 FEB (15€ ou 21€ con petisco e bebida) Auditorio de Galicia, 20:30 h
Philip Glass goza dun recoñecemento pouco común en vida grazas a unha música que privilexia a comunicación directa co público. Formado nos Estados Unidos e en París, incorpora influencias orientais e do jazz na súa estética. O seu estilo é inconfundible pola sinxeleza melódica, a repetición e o diálogo coa música urbana, sobre todo a neoiorquina. Company é o arranxo para cordas do seu Cuarteto núm. 2, marcado por unha intensidade dramática progresiva e unha pulsión rítmica constante, como un mantra. O Concerto Grosso de 1992 foi composto para a cidade natal de Beethoven, cuxa presenza espiritual se sente na obra, na que cada movemento está pensado para unha familia orquestral distinta. Tres anos despois escribiu o Concerto para cuarteto de saxofóns, unha peza lírica que destila a maxistral sinxeleza de Glass.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro
Auditorio Casa da Cultura
Zahara
22 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Pobre poesía
26 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo