Evento: Música das Illas, Música do Mar
Música das Illas, Música do Mar
O concerto inaugural “Músicas das illas, a música do mar”, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, será o xoves día 26 de xuño no Museo do Mar de Galicia. Esta proposta convida a gozar as sonoridades chegadas de tres illas emblemáticas, cadansúa cunha intensa carga emocional e musical. O músico Christos Kanellos representará a milenaria tradición grega da Illa de Creta; o dúo Darach traerá os aires celtas dende a Illa de Skye de Escocia; e a anfitrioa Galicia Fiddle Orquestra pechará o concerto coa riqueza da música galega de raíz, que dende hai xa 14 anos é a banda sonora da Illa de San Simón ao comezo de cada verán.
Encordass Fiddle Fest reúne artistas internacionais de primeiro nivel e aposta con forza pola nova xeración de talentos emerxentes. O festival ofrecerá máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico nos diferentes escenarios da illa, permitindo ao público elixir entre actuacións simultáneas para unha experiencia próxima aos artistas.
Concerto inaugural. Museo do Mar de Galicia. 26 de xuño. 19:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo.
Christos Kanellos (Illa de Lesbos)
Darach (Illa de Skye)
Galicia Fiddle Orquestra (Illa de San Simón)
Datas do festival: do 26 de xuño ao 29 de xullo de 2025.
Máis eventos de tipo Concerto