Evento: O mellor e o peor dos 80 e 90

O mellor e o peor dos 80 e 90
sábado, 19 xullo, 2025 - 22:30
Meamán,
Baños de Molgas

O mellor e o peor dos 80 e 90

Espectáculo de música a cargo de Carta de Ajuste

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo aos asistentes nunha festa fóra do común. Facer ao publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música. Cabe destacar que Carta de Axuste presenta unha formación pouco usual, tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando, desde un punto de vista diferente, cancións que levamos escoitando toda a vida. Vamos, que dis para os teus adentros... Para ser dous moito ruído fan! Esta formación tamén permite a adaptación do espectáculo a todo tipo de eventos e escenarios, dada a súa versatilidade e a súa posibilidade de funcionar ó volume desexado. Deste xeito, Carta de Axuste tivo a oportunidade de tocar tanto en grandes escenarios como auditorios, festas patronais ou concertos a pé de rúa, así como en espazos reducidos, como festas privadas de todo tipo e mesmo concertos didácticos en centros educativos. O que non conseguiron aínda é tocar debaixo da auga... o último intento non saíu moi ben…

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Otros aires
25 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Maxicamente
26 de xuño, 20:00
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
Concerto
27 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Xira 25 aniversario
27 de xuño, 20:30
Auditorio Constante Liste - Teo - A Coruña