Evento: INSPIRAR PARA CREAR

  • Inspirar para crear
INSPIRAR PARA CREAR
martes, 15 xullo, 2025 a venres, 18 xullo, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

INSPIRAR PARA CREAR

Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad do Gobierno de España, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Trátase de obradoiros gratuítos, nos que terán prioridade as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Dez quendas: do 1 de xullo ao 5 de setembro de 2025 (agás 25 de xullo e 15 de agosto)

10:00 a 14:00 horas

Tipo: obradoiros

Organiza: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Museo de Belas Artes da Coruña

Monitor: Gosia Trebacz

Público: Nenas e nenos de 6 a 12 anos

Prazas: Limitadas, previa inscrición

Prezo: Gratuito

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Destinatarios: nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Horario: de 10:00 h a 14:00 h

Datas: Martes a venres, do 1 de xullo ao 5 de setembro, nas seguintes quendas:

  • Semana 1, do 1 ao 4 de xullo
  • Semana 2, do 8 ao 11 de xullo
  • Semana 3, do 15 ao 18 de xullo
  • Semana 4, do 22 ao 25 de xullo (agás o 25 de xullo)
  • Semana 5, do 29 de xullo ao 1 de agosto
  • Semana 6, do 5 ao 8 de agosto
  • Semana 7, do 12 ao 15 de agosto (agás o 15 de agosto)
  • Semana 8, do 19 ao 22 de agosto
  • Semana 9, do 26 agosto ao 29 de agosto
  • Semana 10, do 2 ao 5 de setembro

PARTICIPANTES
En cada quenda asistirá un máximo de quince participantes de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos acompañados por dúas educadoras. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.

INFORMACIÓN PRÁCTICA PARA AS FAMILIAS
A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá o seu da casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable traer un mandilón ou roupa que se poida manchar.

CONTIDO
Mediante a práctica dos obradoiros, os/as nenos/as descubrirán as diferentes técnicas artísticas, ademais de achegarse a algúns dos mellores pintores universais e dos que forman parte da colección permanente do museo, cunha atención especial á figura de Isaac Díaz Pardo, con motivo da exposición que sobre este pintor se desenvolve no museo durante estes meses.

Inscrición:

  • Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns 16 de xuño ás 10:00 horas.
  • A inscrición está limitada a unha semana por infante.
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario (unha inscrición por cada neno ou nena participante).
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.

Máis información aquí:

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/obradoiros-de-veran-2025-inspirar-para-crear

Outras datas

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío
Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola