Evento: Campamento con monicreques

Campamento con monicreques
luns, 30 xuño, 2025 a xoves, 10 xullo, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Campamento con monicreques

Descubrindo o poder simbólico dos obxectos

Durante dez días coñeceremos os diferentes tipos de monicreques (fío, manipulación directa, de dedo, de luva, bunkaru, de saco, xigantes, sombras, obxectos, etc ...).Tomaremos contacto coas variadas técnicas de manipulación e construiremos algúns de diferentes tipos (posiblemente un de man ou de luva de xeito individual e un xigante colectivo. Cada participante elexirá un personaxe dun conto da biblioteca para facer o seu monicreque individual e deseñará os rasgos que o definen, entre todos e todas acordarán o colectivo.

Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos

Data e hora: do 30 de xuño ao 10 de xullo de 11.00 a 13.30. h

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 11 de xuño ás 9.00 h.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Electrónica en papel
7 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de cómic
13 de marzo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola