Evento: Con lingua propia
Con lingua propia
Con lingua propia
Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso
Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.
Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escea galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!
Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

27 de xullo, 12:30
Adro de Santa María do Azougue - Betanzos - A Coruña

27 de xullo, 12:30
Parque Rosalía de Castro - Friol - Lugo

27 de xullo, 18:00
Carballeira de Santa Mariña - Arzúa - A Coruña

27 de xullo, 20:00
Campo da Festa de Bertola - Vilaboa - Pontevedra