Evento: Castelao: la biografía de un ilustre gallego

Castelao: la biografía de un ilustre gallego
xoves, 19 xuño, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Castelao: la biografía de un ilustre gallego

Jorge Prelorán, 1980

Documental que traza o percorrido vital e artístico do intelectual, artista e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende a súa chegada á Pampa arxentina con dez anos en 1896, onde o pai tiña un negocio; ata a súa morte en 1950.

Idea que parte do Centro Gallego de Buenos Aires, trátase dun filme de montaxe que toma a obra pictórica de Castelao, fotografías e outras fontes gráficas da altura para trazar este percorrido. Mentres o sindicalista e político Alfredo Baltar pon voz a Castelao, lendo extractos dos seus escritos que desenvolven o seu pensamento e inquietudes; o actor arxentino Luis Medina Castro é o timbre do off omnisciente que ofrece o contexto histórico a cada momento.

Amais da propia obra de Castelao, a fita ten o valor de presentar outros importantes documentos históricos e artísticos, como a fotografía de Manuel Ferrol, que foi un dos coprodutores da fita.

Castelao (Biografía de un ilustre gallego)
Ano: 1980
Duración: 126 min.
País: A Arxentina
Dirección: Jorge Prelorán, Manolo Ferrol
Guión: Valentín Fernández e Antonio Pérez Prado

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Nouvelle Vague
18 de marzo
Filmoteca de Galicia
El amor es más frío que la muerte
18 de marzo
Filmoteca de Galicia
O camiño de Cova Eirós
20 de marzo
Filmoteca de Galicia
Katzelmacher
20 de marzo
Filmoteca de Galicia