Evento: Castelao: la biografía de un ilustre gallego
Castelao: la biografía de un ilustre gallego
Documental que traza o percorrido vital e artístico do intelectual, artista e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende a súa chegada á Pampa arxentina con dez anos en 1896, onde o pai tiña un negocio; ata a súa morte en 1950.
Idea que parte do Centro Gallego de Buenos Aires, trátase dun filme de montaxe que toma a obra pictórica de Castelao, fotografías e outras fontes gráficas da altura para trazar este percorrido. Mentres o sindicalista e político Alfredo Baltar pon voz a Castelao, lendo extractos dos seus escritos que desenvolven o seu pensamento e inquietudes; o actor arxentino Luis Medina Castro é o timbre do off omnisciente que ofrece o contexto histórico a cada momento.
Amais da propia obra de Castelao, a fita ten o valor de presentar outros importantes documentos históricos e artísticos, como a fotografía de Manuel Ferrol, que foi un dos coprodutores da fita.
Castelao (Biografía de un ilustre gallego)
Ano: 1980
Duración: 126 min.
País: A Arxentina
Dirección: Jorge Prelorán, Manolo Ferrol
Guión: Valentín Fernández e Antonio Pérez Prado
Máis eventos do ciclo Materiais para unha historia do cine en Galicia
