Evento: Concerto

Concerto
xoves, 19 xuño, 2025 - 21:00
Praza da Galicia,
Arzúa
Espectáculo de música a cargo de Andhrea & the Black Cats

Andhrea & the Black Catses é un proxecto cuxa premisa é a de interpretar vellas cancións do blues, pero sen acudir a temas coñecidos, senon indagando na historia e sacándolle pó a eses arquivos que narran historias vividas, desamores, morriñas, e miles de tristezas en xeral. Unha formación, cuxos directos caracterízanse por facer que o público se traslade a unha época onde o sol limitaba as horas de traballo e o algodón recollíase con gotas de suor, para así poder coñecer as tarefas diarias dun pobre músico de blues, cuxo instinto para escribir unha canción era ter unha guitarra entre os seus dedos e plasmar cancións no seu diario persoal.

O repertorio desta banda supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis cláisicos cuxo transfondo, na maioría dos casos, segue tendo presenza hoxe en día. 

A finais do 2016 publicaron o seu primero traballo de estudo, “New Roads”, 10 cortes que resumen o que son Andhrea & the Black Cats e o camiño percorrido dende o seu nacemento. Actualmente están a traballar no seu seguinte proxecto. 

Entre o seu percorrido profesional, podemos destacar que foron os gañadores do VI concurso da Societat de Blues de Barcelona, tocaron por salas relevantes de Barcelona coma Campari Milano e en festivais como el Festival de Blues de Benicassim, Outono Codax, Vilablues, Black N’Blues Festival en Valladolid ou Sweet Cotton Festival de Jaén.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
O último que apague a luz
15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña