Evento: OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS

  • OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS
sábado, 17 maio, 2025 - 10:30
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS

Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poesía popular oral, personificado nas cantareiras, o Museo das Peregrinacións e de Santiago festexa esta xornada coa realización dun obradoiro de creación de pandeireta. 

Impartido por dous experimentados artesáns, de Regos Pandeiretas (Ordes), terá unha duración aproximada de tres horas e os participantes sairán del cunha pandeireta de elaboración propia. 

Soportais do Museo (Praza das Praterías)
Público recomendado +14
*Inscrición previa 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Campamento con monicreques
30 de xuño a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola