Evento: Visitas guiadas: O Barroco

Visitas guiadas: O Barroco
domingo, 18 maio, 2025 - 12:15
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Visitas guiadas: O Barroco

Programación especial para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Esta visita guiada céntrase no Barroco. A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.

O 24 de maio, haberá dúas quendas: ás 18.00 h e ás 20.00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó