Evento: Programa de actividades

  • DIM 2025 Museo das Peregrinacións
Programa de actividades
sábado, 17 maio, 2025 a domingo, 18 maio, 2025
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Programa de actividades

Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Un ano máis, queremos presentarvos o programa de actividades para festexar o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS .

O 18 de maio, o ICOM organiza este evento mundial que destaca o papel transformador dos museos na sociedade. O lema proposto para este 2025 explorará «O futuro dos museos en comunidades en constante cambio», centrándose en como poderiamos contribuír, desde as nosas institucións, a navegar por un mundo que experimenta profundos cambios sociais, tecnolóxicos e ambientais.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar esta xornada contigo e con toda a nosa comunidade. Dous días de actividades cun claro protagonismo da cultura popular e tradicional galega.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense