Evento: As cantareiras e a poesía popular oral

  • Cartel_Día das Letras Galegas 2025
As cantareiras e a poesía popular oral
sábado, 17 maio, 2025 - 18:30
Casa da Cultura do Concello de Sandiás,
Sandiás

As cantareiras e a poesía popular oral

Celebramos o Día das Letras Galegas con Lucía da Fonte e Cristina Asenjo

Na Furgoteca Ourense occidental celebramos o Día das Letras Galegas 2025 cunha actividade moi especial: unha charla-obradoiro sobre a educación vocal, as implicacións emocionais da voz como ferramenta expresiva e as recollas de música popular oral polos pobos de Galicia. Ademais, desfrutaremos con Lucía da Fonte e Cristina Asenjo dun fermoso concerto de cantigas populares a dúas voces, acompañadas por pandeiretas e acordeón.

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos, agardámoste!

DATA: 17/05/2025
HORA: 18:30h
LUGAR: Casa da Cultura do Concello de Sandiás

Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

Fotoforum Compostela: Día das Letras Galegas 2025
4 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
A poesía popular oral
2 de maio a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña