Evento: Twin Peaks: fuego camina conmigo

Twin Peaks: fuego camina conmigo
xoves, 10 abril, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Twin Peaks: fuego camina conmigo

David Lynch, 1992

Non é esaxerado afirmar que Twin Peaks foi o gran acontecemento cultural da TV de inicios dos noventa. Cada semana, millóns de persoas transportábanse a esta vila ficticia do estado de Washington, para comprobar con certa ansiedade como avanzaban as investigacións do axente do FBI Dale Cooper, tentando descubrir quen matou a Laura Palmer. Se a primeira tempada xa apuntaba a posibles razóns sobrenaturais no asasinato desta moza de instituto, a segunda mergullábase sen ambaxes na vertente máis bizarra do universo lynchiano, desenvolvendo un exercicio atmosférico de difusos cimentos narrativos que raras veces se viu en televisión.

Twin Peaks: fuego camina conmigo é a precuela desa serie, que segue a última semana de vida de Palmer. Cunha remontaxe con escenas eliminadas en 2015 e unha terceira tempada en 2017 aínda máis radical que a súa predecesora, a saga Twin Peaks é sen ningunha dúbida a ficción máis influínte de Lynch, cun impacto na cultura popular contemporánea como ningunha outra.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Encontro con Gala Hernández López
18 de decembro
Filmoteca de Galicia
Encontro con Alfredo Ramos
19 de decembro
Filmoteca de Galicia
Barren Illusions
20 de decembro
Filmoteca de Galicia
1983: a fábrica
23 de decembro
Filmoteca de Galicia