Evento: Moon Cresta

Moon Cresta
sábado, 7 xuño, 2025 - 23:00
Sala Guión,
Pontedeume

Tras máis de 20 anos de actividade Moon Cresta presenta a súa quinta entrega discográfica: un disco diferente cun concepto literario, visual e musical innovador listo para presentar ao vivo nas salas de Galicia. Hora e media de Power & Funk. Hora e media de baile, suor e xúbilo.

Os piares de MOON CRESTA son Manu 'Doble L' á guitarra, Manu Ares como baterista, David 'Mr. D.' Vázquez á voz e teclados, e Antón F. 'Piru' no baixo. A sinerxia existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos nos que defenden as cancións do seu máis recente álbum Civil Fuzz Brigade (CD, LP, The Fish Factory - 2019) á vez que percorren o mellor dos seus anteriores traballos: eROCKtile dysFUNKtion SOULutions (CD+DVD, PAI edicións – 2006), The Sparkling RadioStars & Their Lunatic Orcresta (CD, Autoeditado, Leena & Teena Records – 2010), Moonary (CD - LP, Rock Estatal - 2016).

MOON CRESTA ten acadado un recoñecmento e respaldo mediático avalado polas súas aparicións en espazos radiofónicos coma Los conciertos de Radio 3, 180 grados, Hoy empieza todo, Turbo 3 de Radio 3; así coma unha importante difusión en Cadena 100, Cadena Ser, Radio Televisión Galega... A prensa escrita tamén adica á banda columnas de gabanzas que poden lerse en publicacións de referencia obrigada (Ruta 66, Rock Estatal, Rock Total...). 

Porén, a verdadeira esencia de Moon Cresta só ten sentido sobre as táboas. O escenario é o seu hábitat, e nel viven, medran e desenvólvense, sendo aí onde debes gozar deles. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5